A mediados do século XVII o matemático e físico francés
Blaise Pascal sofreu unha fonda crise espiritual que o levou a se afastar da ciencia para se mergullar de cheo no espazo da reflexión filosófica. Esta viraxe existencial sintetízase nun dos seus aforismos máis coñecidos:
"O corazón ten razóns que a razón ignora".
En base ao que xa temos traballado nos temas anteriores, ves algunha relación entre esta frase de Pascal e as ideas de moitos dos filósofos que xa coñecemos? En que época desenvolveu este autor o seu traballo? Contra quen puido ter polemizado? En definitiva,
como interpretas ti esta afirmación de Pascal?